xoves, 17 de decembro de 2020

Os Verbos!

Hoxe tráigovos un material que levo varios días elaborando, os verbos sempre é un contido que se lles atraganta un pouco aos nenos e nenas de primaria, e dándolle unha voltiña decidínme a facer un par de Flipbooks, que aprendín a elaborar grazas a unha formación de GoldenMacEdu feita pola súper Berta de @ennuestraclasedeprimaria, conta que lle recomendo a todos os mestres que coñezo, unha fonte de inspiración incríble e da que aprendo un montón!! 

Pois a formación trataba de aprender a deseñar un Flipbook en Key Note, eu que son novata total en Key Note, comecei con toda a miña paciencia, pero levábame un mundo de tempo facer algo que en Canva facía rapidísimo así que seguindo as pautas de Berta, rematei de facelo en Canva, que se non o sabiades, sendo mestres temos a conta gratuíta coas funcións de pago. 

Así foi que saíron do forno un par de Flipbooks bastante xeitosos para ser os primeiros que fago. Para quen non saiba o que son, os Flipbooks son libriños despregables, no que os contidos van aparecendo en diferentes páxinas en cascada, a súa montaxe é moi sinxela, só hai que imprimir a unha páxina, recortar pola liña e grapar nas marcas de arriba.

O primeiro libriño trátase dunha explicación xeral dos verbos, os conceptos de conxugación, raíz e desinencias, etc... o segundo son os tempos verbais en galego, cunha explicación do tempo verbal e a súa ubicación no tempo e un exemplo. Está comprobado que con este material de estudo todos e todas están moito máis motivados!

Fixen a maiores unha plantilla para empregar coas fundas de plástico e os rotuladores de pizarra, xa que así, cunha soa fotocopia podemos analizar unha infinidade de verbos!

Neste nadal, teño intención de facer o mesmo cos verbos de castelán, agardo que vos sexa de utilidade para as vosas aulas! 

Déixovos o link da descarga en Gumroad pinchando na imaxe, son 2 euriños, para todo o pack!

Moi boas e merecidas vacacións a tod@s!!



martes, 15 de decembro de 2020

Debuxo paso a paso O Apalpador

 Hoxe tráigovos unha actividade de debuxo paso a paso. Durante o confinamento, Leandro Lamas regalounos a súa arte propoñéndonos varios retos de debuxo paso a paso con el, eu era a primeira vez que facía algo así, e de feito son moi mala debuxante, pero coa guía de Leandro todo resulta moito máis sinxelo!

Con motivo destas datas navideñas, unha compañeira comentoume que Leandro tiña no seu Facebook un paso a paso do Apalpador e pensei que era unha moi boa tarefa de clase, así que fixen esta presentación para que lles sirva de guía.

Agardo que vos sexa de utilidade para as vosas clases!

Clica enriba da imaxe para acceder á descarga gratuita!