Ola de novo!! Pois en nada comezamos curso! Durante o verán aproveitei para facer un par de cursos realionados coa creación de materiais, e o ensino online, e aínda que en internet atopamos moitas opcións marabillosas para organizar a nosa axenda, este ano decididín personalizar a miña propia!
En cursos anteriores estiven utilizando a de A Fiestra da Mestra, con algunhas cousas de Dando a Nota, e insipirada no seu deseño, que me parece súper práctico, fixen esta proposta, con algunhas cousiñas engadidas que me parecen de moita utilidade.
É unha axenda pensada para a titoria, así que se sodes especialistas, non precisaredes imprimir todas as páxinas, seleccionade o que sexa do voso interese, e podedes completar coas páxinas finais que son para anotacións.
Nela atoparedes:
- Información persoal
- Calendario Escolar 20-21 de Galicia
- Horario do alumnado e Horario d@ mestr@
- Calendario mensual
- Xestión do alumnado
- Páxina para pegar a información completa do alumnado
- Información tecnolóxica
- Aniversarios
- Control de asistencia mensual (aquí pegarei as táboas que salen de XADE)
- Listaxe das titorías trimestrais
- Programación das actividades de aula: este apartado non o teño organizado por sesións, xa que para isto emprego a APP Idoceo, pero de todos os xeitos preciso ter por escrito a semana vista algunhas anotacións.
- Páxinas en branco para anotacións.