Ola de novo!! Pois en nada comezamos curso! Durante o verán aproveitei para facer un par de cursos realionados coa creación de materiais, e o ensino online, e aínda que en internet atopamos moitas opcións marabillosas para organizar a nosa axenda, este ano decididín personalizar a miña propia!
En cursos anteriores estiven utilizando a de A Fiestra da Mestra, con algunhas cousas de Dando a Nota, e insipirada no seu deseño, que me parece súper práctico, fixen esta proposta, con algunhas cousiñas engadidas que me parecen de moita utilidade.
É unha axenda pensada para a titoria, así que se sodes especialistas, non precisaredes imprimir todas as páxinas, seleccionade o que sexa do voso interese, e podedes completar coas páxinas finais que son para anotacións.
Nela atoparedes:
- Información persoal
- Calendario Escolar 20-21 de Galicia
- Horario do alumnado e Horario d@ mestr@
- Calendario mensual
- Xestión do alumnado
- Páxina para pegar a información completa do alumnado
- Información tecnolóxica
- Aniversarios
- Control de asistencia mensual (aquí pegarei as táboas que salen de XADE)
- Listaxe das titorías trimestrais
- Programación das actividades de aula: este apartado non o teño organizado por sesións, xa que para isto emprego a APP Idoceo, pero de todos os xeitos preciso ter por escrito a semana vista algunhas anotacións.
- Páxinas en branco para anotacións.
Está xenial!!!!😍
ResponderEliminarMoitísimas grazas por compartir o teu traballo!!!
XENIAL,PRECIOSA,MOI BO TRABALLO
ResponderEliminarEspectacular!!!
ResponderEliminarGraciñas por compartir. Segue así!!!
E como ben dis: aprendamos a bailar baixo a choiva
MIL GRAZAS!!!!!!
Unha chulada!! moitas grazas por compartir!!
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarMoitas gracias por compartir,moi bo traballo!!
ResponderEliminarÉ chulísima! Noraboa polo traballo e moitas grazas por compartir!
ResponderEliminarMoitísimas grazas pola túa xenerosidade. Que teñas un bó curso!
ResponderEliminar