Inspirada no material que prepararon @lamademoiselledufle e @diariodeunaprofe para a Conmemoración da Constitución, que podedes descargar aquí, lanceime a crear un flipbook similar sobre o Estatuto de Autonomía, xa que conmemoramos ambos acontecementos esta semana.
A forma de montalo é exactamente igual que o da Consitución, déixovos o vídeo que elaboraron para a explicación de como montalo, é moi sinxelo só hai que imprimir a dobre páxina e dobrar polas marcas!
O documento inclúe un pouco de historia do Estatuto, actividades para completar sobre algúns dos artigos do Estatuto, e unha actividade para completar a letra dun anaco do Himno Galego.
Podedes descargar o arquivo AQUÍ!
Agardo que vos sexa de utilidade para empregar nas vosas aulas!
A verdade é que nunca lle adico o tempo suficiente, desta si que o vou facer grazas ao teu material, que me encantou! Tamén agradecida pola xenerosidade!🤗
ResponderEliminarComo fago para descargalo?
ResponderEliminarEn Grumroad, telo para descargar! Tes que poñerlle un prezo 0 o máis! Agardo que poidas facelo!
ResponderEliminar