E mañá que facemos?? Faise moi raro volver ao cole un venres, así que polo menos facer algo divertido, non? Falaremos de como foron as vacacións, os regaliños que houbo... E logo traballaremos en como queremos que sexa este 2021! Preparei este material cun remix das propostas de @entreipadsycuadernos e @my_kumucorner ! Teño claro que o meu mal hábito a abandonar neste 2021 é o de deixar todo para última hora!! Podes descargar a ficha de forma gratuíta dende o meu Gumroad.
Agardo que vos sexa de utilidade, e feliz volta ao cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario