Hoxe, 17 de marzo é un día moi especial para todas as culturas celtas. Hai cinco anos, estabamos en Nova Iorque tocando no desfile de San Patricio, o máis grande do mundo... Hoxe as cousas son ben diferentes, pero non por iso imos deixar de pasalo ben!
É un día de festa, de música, de baile... e así o podemos facer nas nosas casas, aquí vos deixo unha pequena coreografía que inventei para que practiquedes o Irish Cofee de Gwendal!!
Organización no espazo: dúas filas en parellas
Parte
1: cada fila desprazarase á súa dereita empregando a seguinte secuencia
de pasos:
Tacón, punta, tacón, punta (no sitio)
3 pasos laterais cara a súa dereita e un tempo de silencio
Tacón, punta, tacón, punta (no sitio)
3 pasos laterais cara a súa esquerda (volvendo á posición inicial) e un
tempo de silencio
(x2)
Parte
2: cada parella enfrontada únese enganchando un brazo e cambiándose de
sitio. Isto repítese co brazo contrario (repítese 4 veces)
Toda esta
secuencia repetirase adaptándose á velocidade que se irá incrementando pouco a
pouco.
Podes buscar información sobre cales son as Nacións Celtas, como se celebra o San Patricio en diferentes cidades, porque é tan famoso o San Patrick's Day en Nova Iorque...
Vémonos pronto!! Feliz San Patricio a tod@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario