Cando eu estaba en 5º de Primaria, o meu tío ensinoume a xogar ao xadrez, é unha das mellores cousas que puido facer por min!
Lembro que nos recreos, había organizados torneos de xadrez na entrada do cole, onde hoxe temos os sillóns e o recuncho da Biblioteca. Eran rondas eliminatorias, xogabas con moitos compañeiros e compañeiras doutras clases e pasábamolo en grande. Recordo que unha vez cheguei á final cun compañeiro e quedamos en táboas, xa que foi imposible rematar esa partida despois de varios recreos xogando!
Anímovos a que desfrutedes deste deporte cos vosos fillos e fillas, déixovos un artigo con consellos para ensinarlles AQUÍ un artigo de Mundo Primaria que me pareceu moi interesante.
Nesta WEB podedes atopar tamén trucos moi interesantes e aprender online gratis durante 14 días!
Ningún comentario:
Publicar un comentario