mércores, 19 de agosto de 2020

Axenda Docente 20-21

Ola de novo!! Pois en nada comezamos curso! Durante o verán aproveitei para facer un par de cursos realionados coa creación de materiais, e o ensino online, e aínda que en internet atopamos moitas opcións marabillosas para organizar a nosa axenda, este ano decididín personalizar a miña propia!

En cursos anteriores estiven utilizando a de A Fiestra da Mestra, con algunhas cousas de Dando a Nota, e insipirada no seu deseño, que me parece súper práctico, fixen esta proposta, con algunhas cousiñas engadidas que me parecen de moita utilidade.

É unha axenda pensada para a titoria, así que se sodes especialistas, non precisaredes imprimir todas as páxinas, seleccionade o que sexa do voso interese, e podedes completar coas páxinas finais que son para anotacións.

Nela atoparedes:

  • Información persoal
  • Calendario Escolar 20-21 de Galicia
  • Horario do alumnado e Horario d@ mestr@
  • Calendario mensual
  • Xestión do alumnado
    • Páxina para pegar a información completa do alumnado
    • Información tecnolóxica
    • Aniversarios
    • Control de asistencia mensual (aquí pegarei as táboas que salen de XADE)
    • Listaxe das titorías trimestrais
  • Programación das actividades de aula: este apartado non o teño organizado por sesións, xa que para isto emprego a APP Idoceo, pero de todos os xeitos preciso ter por escrito a semana vista algunhas anotacións.
  • Páxinas en branco para anotacións.
Para imprimila, e non consumir tanta tinta na casa, as páxinas das portadas fareinas na imprenta (1, 2, 37, 38, 73, 74, 99, 100) O resto das páxinas impriminas en casa, e en papel de 120 mg, xa que ao ser un material que precisamos que dure todo o curso, os folios de menos gramaxe resíntense moito, quizais de 100 chegue! 

Agardo que sexa da vosa utilidade =) Clicando na imaxe da portada podedes descargar o arquivo completo.

A cargar as pilas a tope que nos agarda un curso con curvas!!