luns, 23 de agosto de 2021

3, 2, 1...COMEZAMOS!!


Ola compis!! Como van esas vacacións? Seguro que aproveitando estes últimos días e pensando xa na volta ao cole non? Os preparativos para a volta ao cole sempre me fascinaron, xa de nena cando chegaban os libros encatábame forralos, ir mercar libretas, bolis e rotus novos... E hoxe en día esa paixón pola papelería aínda se mantén...

Hoxe tráiovos a Axenda Docente que deseñei para este ano, foi unha aventura que empecei o curso pasado, cando me decidín a facer a miña propia axenda adaptada ás miñas necesidades. Non é nada do outro mundo, fun collendo ideas de aquí e de alá ata chegar a este deseño, feito con moito amor, en Canva, por suposto!!

Lembro que en setembro do ano pasado vinlle a miña Axenda a unha compañeira nova no cole, a conversa foi algo así:


- Anda Elena, tes a miña Axenda?

- Siii! Ti tamén a tes? Vina no grupo de Mestres de Facebook e encatoume

- Jajajaj claro que a teño, fíxena eu! Eu son A clase de Fun!!

- Pois está xenial, é súper cómoda, xa o comentamos varias compañeiras!

Así que este ano, decidín darlle outra voltiña, mellorar o deseño e incluír algunha cousa máis!



Que vas atopar na Axenda?




-Datos de interese

- Horarios

- Calendario Escolar de Galicia (Anual e mensual) coas conmemoracións

- Xestión de titoría 

- Espazo para anotacións

- Programación das Actividades de Aula a semana vista

- Anexo para Equipos Directivos

Para poder descargala debes clicar en na seguinte imaxe, e levarache á páxina de descarga. Debes seleccionar se queres a opción da Axenda Docente (para mestres) ou a opción Equipos Directivos, (axenda + mes de xullo), introducir a cantidade mínima de 1€ (ou máis se así o considerades) e continuar á páxina de pagos (aceptan PayPal e Tarxeta). Non vos esquezades de valorar nas estreliñas =)





Moitas grazas a todos os que decidades descargala, son moitas horas de traballo, que agardo vos sirvan para o voso día a día no cole!! Bo comezo, compis!!

Podedes ver a axenda do curso pasado facendo clic AQUÍ.

Podedes seguir o meu traballo en Facebook e Instagram!

Léovos nos comentarios!!


domingo, 24 de xaneiro de 2021

Día escolar da non violencia e da paz

 Feliz día da Educación a todo o #claustrodeig Esta semana celebramos o día escolar da non violencia e a paz, ademais da canción en LSE faremos este mural, inspirada na idea de @unapizcadeeducacion coa frase do Principiño, un dos meus libros favoritos! Cada alumno/a escribirá unha palabra relacionada coa non violencia e a paz na súa gota, que logo colgaremos do arcoiris! Desexando ver como queda! Tédelo para descargar en @gumroad (https://gum.co/BzfbdB) por se o quixerades empregar na vosa aula. #paz  #recursoseducativos #arcoiris #Ortigueira 



xoves, 21 de xaneiro de 2021

Móvete en LSE

MÓVETE de Paco Nogueiras é a nosa canción para festexar o Día Escolar da non violencia e a paz. Estamos traballando arreo para aprender a letra e a adaptación a Lingua de Signos! Agardo que sexa do voso interese, e se vos presta a aprendades e a compartades co voso alumnado! Nestes tempos complicados que nos está a tocar vivir, esta canción dános un pulo de aire fresco para continuar camiño!!

#músicaengalego #EducaciónPública #Ortigueira #LSE #LinguadeSignos

Se a levades adiante, encantaríame saber como vos foi! Podedes escribirme por aquí, no Instagram  @aclasede_fun e en Facebook A Clase de Fun

Podedes descargar o vídeo da canción dende AQUÍ 






xoves, 7 de xaneiro de 2021

Propósitos de Ano Novo

E mañá que facemos?? Faise moi raro volver ao cole un venres, así que polo menos facer algo divertido, non? Falaremos de como foron as vacacións, os regaliños que houbo... E logo traballaremos en como queremos que sexa este 2021! Preparei este material cun remix das propostas de @entreipadsycuadernos e @my_kumucorner ! Teño claro que o meu mal hábito a abandonar neste 2021 é o de deixar todo para última hora!! Podes descargar a ficha de forma gratuíta dende o meu Gumroad.


Agardo que vos sexa de utilidade, e feliz volta ao cole!