xoves, 17 de decembro de 2020

Os Verbos!

Hoxe tráigovos un material que levo varios días elaborando, os verbos sempre é un contido que se lles atraganta un pouco aos nenos e nenas de primaria, e dándolle unha voltiña decidínme a facer un par de Flipbooks, que aprendín a elaborar grazas a unha formación de GoldenMacEdu feita pola súper Berta de @ennuestraclasedeprimaria, conta que lle recomendo a todos os mestres que coñezo, unha fonte de inspiración incríble e da que aprendo un montón!! 

Pois a formación trataba de aprender a deseñar un Flipbook en Key Note, eu que son novata total en Key Note, comecei con toda a miña paciencia, pero levábame un mundo de tempo facer algo que en Canva facía rapidísimo así que seguindo as pautas de Berta, rematei de facelo en Canva, que se non o sabiades, sendo mestres temos a conta gratuíta coas funcións de pago. 

Así foi que saíron do forno un par de Flipbooks bastante xeitosos para ser os primeiros que fago. Para quen non saiba o que son, os Flipbooks son libriños despregables, no que os contidos van aparecendo en diferentes páxinas en cascada, a súa montaxe é moi sinxela, só hai que imprimir a unha páxina, recortar pola liña e grapar nas marcas de arriba.

O primeiro libriño trátase dunha explicación xeral dos verbos, os conceptos de conxugación, raíz e desinencias, etc... o segundo son os tempos verbais en galego, cunha explicación do tempo verbal e a súa ubicación no tempo e un exemplo. Está comprobado que con este material de estudo todos e todas están moito máis motivados!

Fixen a maiores unha plantilla para empregar coas fundas de plástico e os rotuladores de pizarra, xa que así, cunha soa fotocopia podemos analizar unha infinidade de verbos!

Neste nadal, teño intención de facer o mesmo cos verbos de castelán, agardo que vos sexa de utilidade para as vosas aulas! 

Déixovos o link da descarga en Gumroad pinchando na imaxe, son 2 euriños, para todo o pack!

Moi boas e merecidas vacacións a tod@s!!



martes, 15 de decembro de 2020

Debuxo paso a paso O Apalpador

 Hoxe tráigovos unha actividade de debuxo paso a paso. Durante o confinamento, Leandro Lamas regalounos a súa arte propoñéndonos varios retos de debuxo paso a paso con el, eu era a primeira vez que facía algo así, e de feito son moi mala debuxante, pero coa guía de Leandro todo resulta moito máis sinxelo!

Con motivo destas datas navideñas, unha compañeira comentoume que Leandro tiña no seu Facebook un paso a paso do Apalpador e pensei que era unha moi boa tarefa de clase, así que fixen esta presentación para que lles sirva de guía.

Agardo que vos sexa de utilidade para as vosas clases!

Clica enriba da imaxe para acceder á descarga gratuita!






luns, 30 de novembro de 2020

Estatuto de Autonomía de Galicia e Constitución

 Inspirada no material que prepararon @lamademoiselledufle e @diariodeunaprofe para a Conmemoración da Constitución, que podedes descargar aquí, lanceime a crear un flipbook similar sobre o Estatuto de Autonomía, xa que conmemoramos ambos acontecementos esta semana.

A forma de montalo é exactamente igual que o da Consitución, déixovos o vídeo que elaboraron para a explicación de como montalo, é moi sinxelo só hai que imprimir a dobre páxina e dobrar polas marcas! 





O documento inclúe un pouco de historia do Estatuto, actividades para completar sobre algúns dos artigos do Estatuto, e unha actividade para completar a letra dun anaco do Himno Galego.

Podedes descargar o arquivo AQUÍ!

Agardo que vos sexa de utilidade para empregar nas vosas aulas! 

luns, 16 de novembro de 2020

25-N

Día Internacional da eliminación da violencia de xénero 

Achégase un día moi importante para a sociedade na que vivimos. Concienciar sobre a importancia do respecto, a igualdade, os estereotipos, o reparto de tarefas no fogar... son esenciais para poder medrar como sociedade.

Preparei esta presentación para traballar co meu alumnado de 6º de Primaria, entre outras actividades que imos levar a cabo nestas semanas, como murais e relatos curtos.

Agardo que nos sirva para visibilizar a problemática actual da Violencia de Xénero. 

Clicando sobre a imaxe, tedes acceso ao Genially que preparei! Agardo que lle saquedes moito partido!



 Podedes seguirme en Instagram en: @aclasede_fun

mércores, 19 de agosto de 2020

Axenda Docente 20-21

Ola de novo!! Pois en nada comezamos curso! Durante o verán aproveitei para facer un par de cursos realionados coa creación de materiais, e o ensino online, e aínda que en internet atopamos moitas opcións marabillosas para organizar a nosa axenda, este ano decididín personalizar a miña propia!

En cursos anteriores estiven utilizando a de A Fiestra da Mestra, con algunhas cousas de Dando a Nota, e insipirada no seu deseño, que me parece súper práctico, fixen esta proposta, con algunhas cousiñas engadidas que me parecen de moita utilidade.

É unha axenda pensada para a titoria, así que se sodes especialistas, non precisaredes imprimir todas as páxinas, seleccionade o que sexa do voso interese, e podedes completar coas páxinas finais que son para anotacións.

Nela atoparedes:

  • Información persoal
  • Calendario Escolar 20-21 de Galicia
  • Horario do alumnado e Horario d@ mestr@
  • Calendario mensual
  • Xestión do alumnado
    • Páxina para pegar a información completa do alumnado
    • Información tecnolóxica
    • Aniversarios
    • Control de asistencia mensual (aquí pegarei as táboas que salen de XADE)
    • Listaxe das titorías trimestrais
  • Programación das actividades de aula: este apartado non o teño organizado por sesións, xa que para isto emprego a APP Idoceo, pero de todos os xeitos preciso ter por escrito a semana vista algunhas anotacións.
  • Páxinas en branco para anotacións.
Para imprimila, e non consumir tanta tinta na casa, as páxinas das portadas fareinas na imprenta (1, 2, 37, 38, 73, 74, 99, 100) O resto das páxinas impriminas en casa, e en papel de 120 mg, xa que ao ser un material que precisamos que dure todo o curso, os folios de menos gramaxe resíntense moito, quizais de 100 chegue! 

Agardo que sexa da vosa utilidade =) Clicando na imaxe da portada podedes descargar o arquivo completo.

A cargar as pilas a tope que nos agarda un curso con curvas!!




xoves, 23 de abril de 2020

Feliz Día do Libro!


Levo moitos días sen escribir por aquí, a verdade é que o tele-traballo ocúpame a maior parte das horas do día, pero hoxe tiña que sacar un oquiño, xa que a ocasión o merece!

Hoxe celébrase o día do libro....pero, sabedes porque? Pois din que tal día coma hoxe, o 23 de abril, morreron dous dos escritores máis famosos da literatura universal: Cervantes e Shakespeare...Aínda que isto non é de todo certo, xa que Cervantes realmente morreu o 22 de abril de 1616, aínda que foi enterrado o 23. Pola súa banda, Shakespeare realmente morreu o 3 de maio de 1616 segundo o calendario gregoriano, que era o que se empregaba en Inglaterra naquela época, e para nós é o 23 de abril de 1564 segundo o calendario xuliano, que é o que empregamos na actualidade.

O día 23 de abril foi declarado o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor pola UNESCO no ano 1995, pero sabedes que moito antes, en Cataluña xa tiñan esta celebración? Déixovos un pequeno texto para que descrubrades máis curiosidades sobre o día de hoxe.

Saúde e moitos libros para tod@s!



Hoxe en día, podemos ler un montón de libros online, aquí vos deixo algunhas propostas para os máis pequenos da casa!!

martes, 7 de abril de 2020

Vacacións na casa




Proposta de actividades para facer en casa estas vacacións.: 42 xogos e ideas creativas para pasar estes días.

O mago e humorista coruñés Luis Piedrahita comezou durante este confinamento a ensinar trucos de maxia nas súas redes sociais para facer este momento máis levadeiro, e facendo o que mellor sabe, que é a maxia!
Perfil: Ximena Feijóo, la talentosa pareja argentina de Luis ...

Son trucos fáciles, con cousas que podedes ter todos na casa como mazás, bastoncillos dos oídos, clips, lapis de cores, cartas... 

Déixovos algúns enlaces, pero no seu Facebook ou Instagram podedes seguilos, que todos os días suben un truco novo!!

https://www.facebook.com/piedrahitaluis/videos/1433137826865192/

https://www.facebook.com/piedrahitaluis/videos/1340267516156840/

https://www.facebook.com/piedrahitaluis/videos/559121404707893/

A PRACTICAR!

mércores, 25 de marzo de 2020

Debuxamos paso a paso con Leandro Lamas


Esta semana estáseme pasando voando, xa é mércores! É que non hai mellor cousa que estar activo e entretido, aínda que sexa na casa!

Hoxe tráiovos unha proposta do pintor Leandro Lamas. Eu son unha gran admiradora súa, paréceme incríble o selo de identidade que ten, como fai que sexas  capaz de recoñecer sen ningunha dúbida calquera das súas obras, sexa un cadro, un mural, un libro ilustrado ou un bolso de Cabuxa! Anímovos a que investiguedes un pouquiño sobre quen é Leandro Lamas, sorprenderavos todo o que fai!

Na súa páxina de facebook, está axudando a que pasemos máis entretidos estes días e achegarnos á súa arte colgando como facer un debuxo del paso a paso. A min pareceume unha idea fabulosa para que fora o traballo de plástica para estes días de varios cursos do cole. Así que entre un compañeiro e eu eu démoslle forma a ver como podiamos achegalo aos nenos e nenas, e teñen ata o venres para facelo! De seguro que o van facer xenial!

Así que non hai escusa dicindo que non sabes debuxar!! Asegúrovos que eu son unha debuxante pésima, e non saiu tan mal, non?  Deixade voar a vosa imaxinación e engadídelle os detalles que queirades!! E unha última cousa, no cadrado que hai apoiado no sofá deberedes poñer a portada dun disco que vos guste...adivináchedes a miña??

Ánimo artistas! 


Leando Lamas Paso a Paso

martes, 24 de marzo de 2020

Películas en Familia


Ola de novo!!! Seguindo as recomendacións de Una Pizca de Educación no seu instagram, o cal vos recomendo visitar!! Hoxe veño con suxerencias de cine para ver en familia nestes días. Xa que con algo hai que matar o tempo, que mellor que facelo desfrutando dunha sesión de cine!!

O meu consello é que lles anticipedes a información aos vosos fillos e fillas, que creedes expectativas, coma se dun día especial se tratase.

Primeiro poñede unha hora e un día, que poidades. Logo buscade a película para tela preparada, e cando chegue o día:

Facede palomitas, ordeade o salón e poñedevos cómodos no sofá para desfrutar dun rato en familia.

Hai moitísimas pelis das que podedes desfrutar, entre outras, podedes elixir estas!


luns, 23 de marzo de 2020

Aprender ONLINE


Hoxe comezouse a emitir na TVG2 en horario de 11 a 13 h un bloque de programas de contidos educativos, que vos recomendo que vexades! Son sobre ciencia e historia, na súa maioría, e ten moi boa pinta!

Comezou tamén a emitir na TVE un programa de Contidos educativos, en CLAN, o programa chámase "Aprendemos en Casa". Polo que estiven lendo, non está moi contextualizado co currículo que nosoutros manexamos, pero bueno, podédeslle botar un ollo, que nunca está de máis. Na súa páxina web, unprofesor.com hai actividades para facer

Na TVE DÚAS, están tamén emitindo o programa UNICOOS, que na miña opinión, está xenial, aínda que hai quizás máis contidos para a ESO que para Primaria! Déixovos un enlace á canle de Youtube do profesor.



A seguir aprendendo na casa!!

Pensamento de hoxe: "Xa queda un día menos para vernos"


venres, 20 de marzo de 2020

#EuQuedoNaCasa


Experimentos divertidos!


Bo día a tod@s!! Hoxe tráigovos unha proposta de Ciencia divertida. Xa que en Ciencias da Natureza estamos estudando a materia e as súas propiedades, pareceume unha idea fantástica para que practiquedes estes días.

Non tedes que facelos todos, nin teredes que mercar nada para facelos. Buscade aqueles que se adapten ás cousas que teñades na casa. Hai experimentos para todos os cursos de Primaria, así que vos animo, se tedes irmáns pequenos, a facelo con eles; e se os tedes maiores que vos axuden!!!

Agardo que o pasedes ben!!

Experimentos 1

Experimentos 2

Experimentos 3


Experimentos 4




Vémonos prontiño :)

mércores, 18 de marzo de 2020

Xogamos unha partida de xadrez?


Cando eu estaba en 5º de Primaria, o meu tío ensinoume a xogar ao xadrez, é unha das mellores cousas que puido facer por min!

Lembro que nos recreos, había organizados torneos de xadrez na entrada do cole, onde hoxe temos os sillóns e o recuncho da Biblioteca. Eran rondas eliminatorias, xogabas con moitos compañeiros e compañeiras doutras clases e pasábamolo en grande. Recordo que unha vez cheguei á final cun compañeiro e quedamos en táboas, xa que foi imposible rematar esa partida despois de varios recreos xogando!


Anímovos a que desfrutedes deste deporte cos vosos fillos e fillas, déixovos un artigo con consellos para ensinarlles AQUÍ un artigo de Mundo Primaria que me pareceu moi interesante.

Nesta WEB podedes atopar tamén trucos moi interesantes e aprender online gratis durante 14 días!

martes, 17 de marzo de 2020

Feliz San Patricio a tod@s!


Hoxe, 17 de marzo é un día moi especial para todas as culturas celtas. Hai cinco anos, estabamos en Nova Iorque tocando no desfile de San Patricio, o máis grande do mundo... Hoxe as cousas son ben diferentes, pero non por iso imos deixar de pasalo ben!

É un día de festa, de música, de baile... e así o podemos facer nas nosas casas, aquí vos deixo unha pequena coreografía que inventei para que practiquedes o Irish Cofee de Gwendal!!



      Organización no espazo: dúas filas en parellas

Parte 1: cada fila desprazarase á súa dereita empregando a seguinte secuencia de  pasos:
Tacón, punta, tacón, punta (no sitio)
3 pasos laterais cara a súa dereita e un tempo de silencio
Tacón, punta, tacón, punta (no sitio)
3 pasos laterais cara a súa esquerda (volvendo á posición inicial) e un tempo de silencio (x2)

       Parte 2: cada parella enfrontada únese enganchando un brazo e cambiándose de sitio. Isto repítese co brazo contrario (repítese 4 veces)


Toda esta secuencia repetirase adaptándose á velocidade que se irá incrementando pouco a pouco.


Podes buscar información sobre cales son as Nacións Celtas, como se celebra o San Patricio en diferentes cidades, porque é tan famoso o San Patrick's Day en Nova Iorque...

Vémonos pronto!! Feliz San Patricio a tod@s!!






luns, 16 de marzo de 2020

Aprendemos Xogando!


Entra en edu.cerebriti.com co teu usuario e contrasinal para aprender xogando!!

Cada día vos recomendarei unha serie de xogos das distintas áreas para ver do que sodes capaces!

Por cada xogo superado gañades Neuros (Neurona+Euro) A ver cantos eres capaz de conseguir?


Anímate a superarte e mellorar cada día do xeito máis divertido!

Retomamos!!

Debido a estas circunstancias especiais nas que nos atopamos, polo Estado de Alarma consecuencia do COVID-19, e o illamento que isto provoca, recuperei o Blogue que o tiña abandonado desde hai uns aniños....

Será unha ponte de comunicación, onde irei colgando recursos complementarios para non nos aburrir e seguir continuando no proceso de ensino-aprendizaxe dos vosos fillos e fillas!

Seguiremos informando!!!