luns, 30 de novembro de 2020

Estatuto de Autonomía de Galicia e Constitución

 Inspirada no material que prepararon @lamademoiselledufle e @diariodeunaprofe para a Conmemoración da Constitución, que podedes descargar aquí, lanceime a crear un flipbook similar sobre o Estatuto de Autonomía, xa que conmemoramos ambos acontecementos esta semana.

A forma de montalo é exactamente igual que o da Consitución, déixovos o vídeo que elaboraron para a explicación de como montalo, é moi sinxelo só hai que imprimir a dobre páxina e dobrar polas marcas! 





O documento inclúe un pouco de historia do Estatuto, actividades para completar sobre algúns dos artigos do Estatuto, e unha actividade para completar a letra dun anaco do Himno Galego.

Podedes descargar o arquivo AQUÍ!

Agardo que vos sexa de utilidade para empregar nas vosas aulas! 

3 comentarios:

  1. A verdade é que nunca lle adico o tempo suficiente, desta si que o vou facer grazas ao teu material, que me encantou! Tamén agradecida pola xenerosidade!🤗

    ResponderEliminar
  2. En Grumroad, telo para descargar! Tes que poñerlle un prezo 0 o máis! Agardo que poidas facelo!

    ResponderEliminar