luns, 23 de agosto de 2021

3, 2, 1...COMEZAMOS!!


Ola compis!! Como van esas vacacións? Seguro que aproveitando estes últimos días e pensando xa na volta ao cole non? Os preparativos para a volta ao cole sempre me fascinaron, xa de nena cando chegaban os libros encatábame forralos, ir mercar libretas, bolis e rotus novos... E hoxe en día esa paixón pola papelería aínda se mantén...

Hoxe tráiovos a Axenda Docente que deseñei para este ano, foi unha aventura que empecei o curso pasado, cando me decidín a facer a miña propia axenda adaptada ás miñas necesidades. Non é nada do outro mundo, fun collendo ideas de aquí e de alá ata chegar a este deseño, feito con moito amor, en Canva, por suposto!!

Lembro que en setembro do ano pasado vinlle a miña Axenda a unha compañeira nova no cole, a conversa foi algo así:


- Anda Elena, tes a miña Axenda?

- Siii! Ti tamén a tes? Vina no grupo de Mestres de Facebook e encatoume

- Jajajaj claro que a teño, fíxena eu! Eu son A clase de Fun!!

- Pois está xenial, é súper cómoda, xa o comentamos varias compañeiras!

Así que este ano, decidín darlle outra voltiña, mellorar o deseño e incluír algunha cousa máis!



Que vas atopar na Axenda?




-Datos de interese

- Horarios

- Calendario Escolar de Galicia (Anual e mensual) coas conmemoracións

- Xestión de titoría 

- Espazo para anotacións

- Programación das Actividades de Aula a semana vista

- Anexo para Equipos Directivos

Para poder descargala debes clicar en na seguinte imaxe, e levarache á páxina de descarga. Debes seleccionar se queres a opción da Axenda Docente (para mestres) ou a opción Equipos Directivos, (axenda + mes de xullo), introducir a cantidade mínima de 1€ (ou máis se así o considerades) e continuar á páxina de pagos (aceptan PayPal e Tarxeta). Non vos esquezades de valorar nas estreliñas =)





Moitas grazas a todos os que decidades descargala, son moitas horas de traballo, que agardo vos sirvan para o voso día a día no cole!! Bo comezo, compis!!

Podedes ver a axenda do curso pasado facendo clic AQUÍ.

Podedes seguir o meu traballo en Facebook e Instagram!

Léovos nos comentarios!!