luns, 30 de novembro de 2020

Estatuto de Autonomía de Galicia e Constitución

 Inspirada no material que prepararon @lamademoiselledufle e @diariodeunaprofe para a Conmemoración da Constitución, que podedes descargar aquí, lanceime a crear un flipbook similar sobre o Estatuto de Autonomía, xa que conmemoramos ambos acontecementos esta semana.

A forma de montalo é exactamente igual que o da Consitución, déixovos o vídeo que elaboraron para a explicación de como montalo, é moi sinxelo só hai que imprimir a dobre páxina e dobrar polas marcas! 





O documento inclúe un pouco de historia do Estatuto, actividades para completar sobre algúns dos artigos do Estatuto, e unha actividade para completar a letra dun anaco do Himno Galego.

Podedes descargar o arquivo AQUÍ!

Agardo que vos sexa de utilidade para empregar nas vosas aulas! 

luns, 16 de novembro de 2020

25-N

Día Internacional da eliminación da violencia de xénero 

Achégase un día moi importante para a sociedade na que vivimos. Concienciar sobre a importancia do respecto, a igualdade, os estereotipos, o reparto de tarefas no fogar... son esenciais para poder medrar como sociedade.

Preparei esta presentación para traballar co meu alumnado de 6º de Primaria, entre outras actividades que imos levar a cabo nestas semanas, como murais e relatos curtos.

Agardo que nos sirva para visibilizar a problemática actual da Violencia de Xénero. 

Clicando sobre a imaxe, tedes acceso ao Genially que preparei! Agardo que lle saquedes moito partido!



 Podedes seguirme en Instagram en: @aclasede_fun