xoves, 17 de decembro de 2020

Os Verbos!

Hoxe tráigovos un material que levo varios días elaborando, os verbos sempre é un contido que se lles atraganta un pouco aos nenos e nenas de primaria, e dándolle unha voltiña decidínme a facer un par de Flipbooks, que aprendín a elaborar grazas a unha formación de GoldenMacEdu feita pola súper Berta de @ennuestraclasedeprimaria, conta que lle recomendo a todos os mestres que coñezo, unha fonte de inspiración incríble e da que aprendo un montón!! 

Pois a formación trataba de aprender a deseñar un Flipbook en Key Note, eu que son novata total en Key Note, comecei con toda a miña paciencia, pero levábame un mundo de tempo facer algo que en Canva facía rapidísimo así que seguindo as pautas de Berta, rematei de facelo en Canva, que se non o sabiades, sendo mestres temos a conta gratuíta coas funcións de pago. 

Así foi que saíron do forno un par de Flipbooks bastante xeitosos para ser os primeiros que fago. Para quen non saiba o que son, os Flipbooks son libriños despregables, no que os contidos van aparecendo en diferentes páxinas en cascada, a súa montaxe é moi sinxela, só hai que imprimir a unha páxina, recortar pola liña e grapar nas marcas de arriba.

O primeiro libriño trátase dunha explicación xeral dos verbos, os conceptos de conxugación, raíz e desinencias, etc... o segundo son os tempos verbais en galego, cunha explicación do tempo verbal e a súa ubicación no tempo e un exemplo. Está comprobado que con este material de estudo todos e todas están moito máis motivados!

Fixen a maiores unha plantilla para empregar coas fundas de plástico e os rotuladores de pizarra, xa que así, cunha soa fotocopia podemos analizar unha infinidade de verbos!

Neste nadal, teño intención de facer o mesmo cos verbos de castelán, agardo que vos sexa de utilidade para as vosas aulas! 

Déixovos o link da descarga en Gumroad pinchando na imaxe, son 2 euriños, para todo o pack!

Moi boas e merecidas vacacións a tod@s!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario